Ir ao contido

Modificación e actualización dos filtros

Editar filtros

Para acceder á edición dos filtros dun informe hai que premer na icona situada na parte superior esquerda da táboa de datos. Ao premer nesta icona vese unha táboa que permite configurar as características dos filtros.

Modificar filtros de columna e características

Seleccionar, modificar ou crear os filtros de columna que se desexen, así como as características do filtro, e premer no botón "Actualizar" para que o informe se recalcule e amose os datos coas modificacións levadas a cabo.

Táboa cos filtros de columna aplicados a modificar

Actualizar filtros

Para actualizar un filtro completo ou un filtro de valores xa existente, hai que premer co botón dereito do rato sobre o filtro que se quere actualizar. Aparecerá un menú contextual coa opción "Actualizar".

Menú contextual coa opción "Actualizar" resaltada

Esta opción amosa unha pantalla que permite modificar o filtro seleccionado partindo da configuración actual (filtros de columna e características). O usuario pode decidir, mediante unha casilla de verificación, cales dos filtros de columna actualmente aplicados quere que permanezan no filtro e cales non.

  • Se o filtro seleccionado é un filtro de valores, actualizarase cos filtros de columna seleccionados polo usuario.
  • Se o filtro seleccionado é un filtro completo, actualizarase cos filtros de columna seleccionados e coas características actualmente aplicadas (filtros de páxina, orde...).

O usuario pode modificar tamén o nome do filtro, a súa descrición, se quere que sexa o filtro inicial ao arrancar o informe, se quere que estea dispoñible para todos os usuarios do informe e se quere que estea visible para outros informes múltiples.

Formulario para actualizar a configuración do filtro


➡️ Ir ao Paso 7: Eliminación dun filtro