Ir ao contido

Servizo web

Ademais da consulta a través do informe de Xestat, os datos de investigación pódense consumir de forma programática mediante un servizo web.

Que é o servizo web

Calquera informe de Xestat pode consumirse mediante un servizo web (WS) que devolve os seus datos en formato JSON, listos para ser integrados noutras aplicacións.

Como obter a ligazón do servizo

Ao acceder a un informe en Xestat, na barra superior de busqueda, aparece a URL a dito informe finalizando cunha id numérica, no formato:

https://apps.udc.es/xestat/faces/pages/dwh/query/viewQueryResult.xhtml?id=[id_nuérica]

Ligazón do servizo web dun informe en Xestat

Para acceder ao WS,tes que poñer a seguinte ligazón:

https://apps.udc.es/xestat/api/informeWS/[id_informe]

Onde [id_informe] é o identificador do informe correspondente. Ao acceder a esa URL obtense o resultado do informe en formato JSON.

Note

O [id_informe] é o mesmo que aparece na URL do informe en Xestat.

Como consumir o servizo

Basta con facer unha petición GET á URL do informe (https://apps.udc.es/xestat/api/informeWS/[id_informe]) para obter os seus datos en JSON, sen necesidade de pasar por ningunha ferramenta adicional.

Autenticación

O servizo web require autenticación mediante o CAS da UDC, polo que só persoas usuarias con credenciais válidas na universidade poden consumir os datos dun informe, sempre que este teña habilitada a súa exposición como servizo web.

Informes sen exposición WS

Non todos os informes teñen habilitada a exposición mediante servizo web. Se un informe non a ten activada, os seus datos só se poden consultar a través da aplicación Xestat (ver Uso do informe Xestat).

Permisos sobre o informe

Estar autenticado no CAS non garante o acceso aos datos: a persoa usuaria debe ter ademais permisos de consulta sobre o informe correspondente en Xestat. Sen eses permisos, o servizo devolve un erro 403 Forbidden.


Soporte técnico

Para dúbidas sobre a integración co servizo web, contacta co equipo de AXD a través de axuda TIC.


➡️ Ir ao Paso 4: Datos descargables e periodicidade