Informes e descargas persoais no Portal da Investigación¶
Este procedemento explica que informes da túa produción científica podes obter no Portal da Investigación e onde se descargan: o informe de indicios de visibilidade e impacto, o currículo normalizado (CVN), a memoria académica e o impacto normalizado.
Destinatarios¶
Persoal docente e investigador da UDC que ten perfil no Portal da Investigación.
Obxectivo da guía¶
Aproveitar os datos do Portal para preparar currículos, memorias e solicitudes sen ter que recompilar a produción a man.
Acceso á aplicación¶
Entra en portalinvestigacion.udc.gal/account coa conta da UDC e preme Informes no menú da esquerda.
Diagrama de fluxo do procedemento¶
flowchart TD
Start([Inicio])
A[1. Solicitar o informe<br/>indicios, CVN, memoria<br/>ou impacto normalizado]
B[2. Descargar o informe<br/>en Descargas dispoñibles]
End([Fin])
Start --> A --> B --> End
click A "paso1/" "Ir a Solicitar o informe"
click B "paso2/" "Ir a Descargar o informe"
Resumo dos pasos¶
| Paso | Denominación | Descrición breve |
|---|---|---|
| 1 | Solicitar o informe | Escoller o informe e os seus parámetros (publicacións, período, seccións) |
| 2 | Descargar o informe | Recollelo na lista de Descargas dispoñibles |
Os informes saen dos datos do Portal
Todos os informes se elaboran cos datos que ten o Portal. Antes de pedir un, revisa o perfil e as publicacións (ver Editar o perfil e Engadir e revisar as túas publicacións).
Dúbidas e incidencias¶
- Para dúbidas sobre os informes, a Biblioteca Universitaria: portalinvestigacion.biblioteca@udc.gal, 881 015 672.
- Para comunicar unha incidencia cos teus datos, o formulario de incidencias.