Ir ao contido

Engadir e revisar as túas publicacións no Portal da Investigación

Responsable: Servizo de Biblioteca Universitaria Versión: 1.0

Este procedemento explica como consultar e descargar as túas publicacións no Portal da Investigación, como pedir que se engada unha que falta, como seguir o estado desa petición e como relacionar unha publicación cos financiamentos que a fixeron posible.


Destinatarios

Persoal docente e investigador da UDC que ten perfil no Portal da Investigación.

Obxectivo da guía

Que a túa produción estea completa no Portal e ben relacionada cos teus proxectos, para que sirva nos informes, nos currículos e nas xustificacións.

As publicacións entran soas

A maioría das publicacións chegan ao Portal automaticamente dende Dialnet, Scopus, Web of Science e outras fontes, sen que teñas que facer nada. Antes de engadir unha a man, comproba que non estea xa no listado.


Acceso á aplicación

Entra en portalinvestigacion.udc.gal/account coa conta da UDC. No menú da esquerda, en Publicacións, tes Nova publicación e Publicacións.


Diagrama de fluxo do procedemento

flowchart TD
    Start([Inicio])

    A[1. Consultar as túas<br/>publicacións]
    Q{Falta algunha?}
    B[2. Engadir unha publicación<br/>DOI, URL ou formulario]
    C[3. Seguir o estado<br/>pendentes e rexeitadas]
    D[4. Relacionar a publicación<br/>cun financiamento]
    End([Fin])

    Start --> A --> Q
    Q -- Si --> B --> C --> D
    Q -- Non --> D
    D --> End

    click A "paso1/" "Ir a Consultar as túas publicacións"
    click B "paso2/" "Ir a Engadir unha publicación"
    click C "paso3/" "Ir a Seguir o estado"
    click D "paso4/" "Ir a Relacionar cun financiamento"

Resumo dos pasos

Paso Denominación Descrición breve
1 Consultar as túas publicacións Listado con filtros, columnas de citas e cuartís, descarga e ocultación
2 Engadir unha publicación Por DOI ou URL, ou co formulario se non tes ningún dos dous
3 Seguir o estado Publicacións pendentes, descartadas e rexeitadas pola Biblioteca
4 Relacionar cun financiamento Asociar a publicación aos proxectos que a financiaron

Publicacións do grupo

Este procedemento trata as túas publicacións como autor ou autora. As do teu grupo de investigación consúltanse e descárganse dende o grupo (ver Xestionar o grupo no Portal da Investigación).


Dúbidas e incidencias