Presentación, palabras clave e foto¶
Presentación¶
En Aspectos curriculares / persoais escribe un texto de presentación: datos biográficos, traxectoria académica e investigadora, liñas de investigación, colaboracións destacadas, asociacións... Admite ata 3.860 caracteres, espazos incluídos.
Hai unha pestana por idioma (Galician, Spanish e English). Cada versión é a que se amosa cando se consulta o Portal nese idioma. Preme ACTUALIZAR para gardar.

Palabras clave e foto¶
As Palabras clave tamén van por idioma. Escribe cada termo e preme INTRO, ou separa varios co punto e coma. Para quitar un, preme a súa ✕. Despois, ACTUALIZAR.
A foto do perfil cámbiase con SELECCIONAR. O peso máximo é de 5 MB e a proporción recomendada, cadrada (1:1).
