Ir ao contido

Identificadores

O bloque Identificadores recolle os teus códigos noutras bases de datos e redes sociais. Cada un enlaza co teu perfil nese sistema. Os de ORCID, Scopus, Web of Science (RSID), Google Scholar (GOOSCH) e OpenAlex adoitan vir xa cargados.

Bloque de identificadores do perfil

  • Para corrixir un identificador, preme o lapis da súa fila.
  • Para engadir outro, preme ENGADIR, escolle o Sistema, escribe o Identificador e preme ENGADIR.

Diálogo para engadir un identificador

Os sistemas que se poden engadir son:

Tipo Sistemas
Bases de datos e perfís de autor Academia.edu, RePEc, MathSciNet, ResearchGate, zbMATH, Semantic Scholar, dblp, Dimensions, DeGóis
Autoridades e referencias Wikipedia, Biblioteca Nacional de España (BNE), ISNI, Library of Congress (LoC)
Redes sociais Facebook, Twitter, Instagram, LinkedIn, YouTube, Bluesky

Eliminar un identificador

Os identificadores de redes sociais pódelos quitar ti. Para eliminar calquera outro, contacta coa Biblioteca Universitaria (portalinvestigacion.biblioteca@udc.gal). A ligazón Ver datos de contacto do propio bloque leva a eses datos.

Revisa sobre todo ORCID e Scopus

O Portal apóiase nestes identificadores para recoller as túas publicacións e calcular indicadores. Por exemplo, o informe de Impacto normalizado só usa as publicacións do perfil de Scopus marcado como principal (ver Informes e descargas persoais).