Xestionar o grupo no Portal da Investigación¶
Este procedemento explica que pode facer a persoa responsable dun grupo de investigación na súa área do Portal da Investigación: cambiar o logo, a imaxe e os textos da páxina pública do grupo, consultar os membros e as publicacións, descargar os datos e os informes do grupo e delegar estas tarefas noutros membros.
Destinatarios¶
Investigadores e investigadoras responsables dos grupos de investigación da UDC e membros aos que a persoa responsable delegou permisos.
Obxectivo da guía¶
Que a páxina pública do grupo estea coidada e que o grupo aproveite os datos do Portal para as súas memorias, informes e solicitudes.
Acceso á aplicación¶
Entra en portalinvestigacion.udc.gal/account coa conta da UDC e preme Grupos de investigación no menú da esquerda.
Diagrama de fluxo do procedemento¶
flowchart TD
Start([Inicio])
A[1. Acceder ao grupo<br/>logo, imaxe e redes]
B[2. Textos da páxina pública]
C[3. Membros e publicacións<br/>do grupo]
D[4. Memoria e teses<br/>do grupo]
E[5. Delegar permisos]
End([Fin])
Start --> A --> B --> C --> D --> E --> End
click A "paso1/" "Ir a Acceder ao grupo"
click B "paso2/" "Ir a Textos da páxina pública"
click C "paso3/" "Ir a Membros e publicacións"
click D "paso4/" "Ir a Memoria e teses do grupo"
click E "paso5/" "Ir a Delegar permisos"
Os pasos son independentes: podes ir directamente ao que necesites.
Resumo dos pasos¶
| Paso | Denominación | Descrición breve |
|---|---|---|
| 1 | Acceder ao grupo | Logotipo, imaxe de cabeceira e redes sociais do grupo |
| 2 | Textos da páxina pública | Editar os textos enriquecidos da páxina do grupo en galego, castelán e inglés |
| 3 | Membros e publicacións | Consultar e exportar os membros, filtrar e descargar as publicacións |
| 4 | Memoria e teses do grupo | Memoria académica en Word e teses do grupo en varios formatos |
| 5 | Delegar permisos | Dar a outros membros permisos para descargar, editar ou xestionar textos |
O que non se edita dende o grupo¶
| Dato | Onde se pide o cambio |
|---|---|
| Nome e acrónimo do grupo, membros, roles e datas | Catálogo de investigación: catalogo@udc.gal |
| Financiamentos do grupo e os seus equipos | axd@udc.gal, coa documentación xustificativa |
| Publicacións que faltan | Engádeas cada autor ou autora (ver Engadir e revisar as túas publicacións) |
Dúbidas e incidencias¶
- Para dúbidas sobre o Portal, a Biblioteca Universitaria: portalinvestigacion.biblioteca@udc.gal, 881 015 672.
- Para comunicar unha incidencia, o formulario de incidencias.