Presentar a solicitude¶
Na ficha da convocatoria, preme Presentar solicitud. Ábrese o formulario con tres bloques. Preme o título de cada bloque para despregalo.

Datos solicitante: o centro¶
O Solicitante es ti e non se pode cambiar. O Centro é obrigatorio e vén cuberto co teu centro principal: o teu centro docente (facultade ou escola) ou, se non tes departamento docente, o teu centro de investigación.

- Se o proxecto se vincula ao teu centro docente, déixao como está.
- Se estás adscrito a un centro de investigación (CICA, CITEEC, CITENI, CITIC, CISPAC, ECOBAS ou CITMAga) e queres indicalo, borra o centro coa X, escribe polo menos tres letras e escolle o centro da lista.


Só se pode indicar un centro
O proxecto levará o teu centro docente como centro principal. Se indicas o centro de investigación, o Servizo de Investigación engadirá o docente ao xerar o proxecto, e ao revés. Se non tes departamento docente (por exemplo, persoal contratado nun centro de investigación), o centro principal será o teu centro de investigación.
Datos de la ayuda solicitada¶
Escribe o Título del proyecto, como figura na solicitude á entidade financiadora (máximo 2000 caracteres). O Tipo de proyecto xa vén cuberto.

Gardar¶
Preme Guardar. Aparece un aviso de que a solicitude foi cursada.

Non tes que imprimir nin levar a solicitude ao Rexistro
O aviso indica que hai que imprimir a solicitude e presentala no Rexistro da Universidade. Na PID2026 isto non se aplica: a presentación na entidade financiadora faise na súa aplicación, segundo as instrucións do Servizo de Investigación. Preme Cerrar e continúa co paso seguinte.