Guía para consultar en SIGMA os expedientes de doutoramento¶
Coa implantación de SIGMA, a xestión dos expedientes do alumnado de doutoramento faise dende a nova Secretaría Virtual do profesorado. Este procedemento describe como acceder ao cadro de control de expedientes de doutoramento, como consultar o expediente de cada doutorando/a e que opcións ofrece o modo de modificación.
Destinatarios¶
Profesorado que exerce de director/a ou titor/a de teses de doutoramento.
Obxectivo da guía¶
Facilitar ao profesorado a consulta dos expedientes do alumnado que ten asignado e a revisión dos datos que figuran neles, para comunicar calquera erro ou discrepancia coa situación real do/da doutorando/a.
Revisade os expedientes
Pídese ao profesorado que comprobe que a información de cada expediente se corresponde coa situación real do/da doutorando/a e que comunique calquera erro ou discrepancia á coordinación do programa de doutoramento, para poder corrixilo.
SIGMA en fase de axustes
SIGMA está aínda en fase de axustes e de adaptación dalgúns procedementos. A coordinación dos programas e a EIDUDC informarán de como realizar os distintos trámites a medida que se habiliten.
Acceso á aplicación¶
Accédese dende Servizos.udc.es, coas credenciais da UDC, no menú da esquerda: Secretaría virtual do profesorado > Títulos oficiais e títulos propios.
Non usar «Doutoramento (anterior a 2026)»
A ligazón «Doutoramento (anterior a 2026)» leva á antiga Secretaría Virtual. Permite consultar información previa, pero xa non se poden facer trámites dende ela.
Diagrama de fluxo do procedemento¶
flowchart TD
Start([Inicio])
A[1. Acceso á Secretaría Virtual<br/>do profesorado]
B[2. Cadro de control<br/>de expedientes]
C[3. Consulta e revisión<br/>do expediente]
D[4. Modificación do expediente]
End([Fin])
Start --> A --> B --> C --> D --> End
%% LINKS CLICKABLES
click A "paso1/" "Ir a Acceso á Secretaría Virtual do profesorado"
click B "paso2/" "Ir a Cadro de control de expedientes"
click C "paso3/" "Ir a Consulta e revisión do expediente"
click D "paso4/" "Ir a Modificación do expediente"
Resumo dos pasos¶
| Paso | Denominación oficial | Descrición breve |
|---|---|---|
| 1 | Acceso á Secretaría Virtual do profesorado | Entrar dende servizos.udc.es e abrir «Seguimento teses doutorais» |
| 2 | Cadro de control de expedientes | Filtrar e localizar o alumnado que se dirixe ou titoriza |
| 3 | Consulta e revisión do expediente | Revisar os datos da tese, o plan de investigación e as avaliacións |
| 4 | Modificación do expediente | Validar o plan de investigación e emitir o informe da dirección/titoría |