Acceder ao grupo e editar o detalle¶
En Grupos de investigación aparecen os grupos aos que pertences, co acrónimo, o nome, o número de membros e a data de inicio. Preme o grupo para abrilo.

A páxina do grupo ten as pestanas Detalle, Membros, Publicacións e Descargas, entre outras. Arriba están Xestionar permisos (paso 5) e Ver no portal, que abre a páxina pública do grupo.
Detalle¶
Na pestana Detalle cambias a imaxe do grupo na súa páxina pública:
- Logotipo: arrastra o ficheiro ou selecciónao. PNG, JPG ou SVG, ata 5 MB.
- Imaxe: a imaxe de cabeceira da páxina. PNG, JPG ou WEBP, ata 5 MB, en proporción 6:4. ELIMINAR IMAXE quita a actual.
- Redes sociais: o enderezo da conta do grupo en Twitter / X. Gárdase con GARDAR.

O bloque Texto enriquecido leva á edición dos textos da páxina pública (paso 2).