Selección do tribunal e cualificación do estudantado¶
Unha vez dentro da aplicación SIGMA, no menú de Selección de asignaturas/grupo:
- Premer na lapela “Tribunais”.
- Seleccionar o tribunal que se desexa cualificar.

Unha vez seleccionado o tribunal, accédese ao listado do estudantado pendente de cualificación. No menú da esquerda:
- Despregar “Cualificacións”.
- Seleccionar “Cualificacións finais”.
- Introducir a cualificación final do estudantado.
- Se a cualificación introducida é igual ou superior a 9, pódese cambiar a mención de "Sobresaliente" por “Matrícula de Honra”.
- Premer en “Gravar”.
