Ir ao contido

Membros e publicacións do grupo

Membros

A pestana Membros amosa as persoas do grupo co seu rol (Responsable, Membro ou Colaborador) e as datas de inicio e fin no grupo. Pódese buscar polo nome, pero é só de consulta. EXPORTAR descarga a lista.

Pestana Membros do grupo

Os membros veñen do catálogo de investigación

Para dar de alta ou de baixa un membro, ou para corrixir un rol ou unha data, escribe a catalogo@udc.gal.

Publicacións

A pestana Publicacións reúne a produción do grupo. O filtro Ámbito decide que publicacións se ven:

  • Publicacións do grupo: as dos membros dende que existe o grupo.
  • Publicacións do persoal investigador: todas as dos membros, tamén as anteriores ao grupo.

Podes filtrar ademais por Anos (todos, o último, os últimos 5 ou 10, ou un período Desde e Ata), por Tipoloxía e por Título. Enriba da táboa ves cantas publicacións cumpren os filtros.

Pestana Publicacións do grupo co filtro Ámbito

Descargar as publicacións do grupo

DESCARGAR descarga as publicacións que cumpren os filtros. Hai tres tipos de descarga:

Tipo Que contén Formatos
Datos bibliográficos A referencia de cada publicación RIS, BibTeX, APA, Chicago, Harvard, IEEE, MLA, Vancouver
Datos bibliográficos + Indicadores A referencia e os indicadores de impacto APA, Chicago, Harvard, IEEE, MLA, Vancouver
Autorías das publicacións Unha fila por cada autor ou autora de cada publicación, coa súa afiliación institucional CSV

Opcións de descarga das publicacións do grupo

Para que serve cada descarga

Os datos bibliográficos en RIS ou BibTeX impórtanse en Zotero, Mendeley, EndNote ou LaTeX. Os indicadores axudan nas memorias e nas solicitudes de convocatorias. As autorías en CSV ábrense nunha folla de cálculo e permiten contar, por exemplo, as publicacións de cada membro ou as coautorías entre membros.