Consulta previa¶
Antes de aceptar a adscrición dunha persoa do catálogo de investigación, o centro debe comprobar que non está xa adscrita a outro centro de investigación. É o caso que máis problemas dá: persoal investigador que deixa un centro para adscribirse a outro.
Non a deas de alta nos rexistros do centro antes de confirmalo
Unha persoa só pode estar adscrita a un centro de investigación á vez. O centro non debe dala de alta nos seus rexistros propios ata confirmar co catálogo que non está noutro.
Como facer a consulta¶
- Cando o centro recibe unha solicitude de adscrición dunha persoa que forma parte dun grupo de investigación ou é investigadora individual, escribe a catalogo@udc.gal co nome e apelidos da persoa e o seu documento identificativo.
- O catálogo responde se a persoa está adscrita a outro centro e en que grupo está.
- O centro leva esa información á súa comisión, que decide sobre a adscrición coa seguridade de que a persoa non está noutro centro.
- Se a comisión a acepta, o centro envía a solicitude de alta ao catálogo (paso 2).
Persoal do censo
Se a persoa non vai estar no catálogo, o centro escribe directamente a REDCIDi, que fai esta comprobación ao tramitar a alta (paso 3).
Institutos universitarios
Nos institutos non fai falta esta consulta, porque unha persoa pode estar nun instituto e nun centro de investigación á vez. O instituto envía directamente a alta ao catálogo (paso 2).