Uso do informe Xestat¶
Unha vez concedido o acceso aos datos de investigación (ver Solicitude de acceso aos datos), a consulta destes realízase a través do informe correspondente na aplicación Xestat.
Acceso ao informe¶
O acceso a Xestat realízase a través da ligazón apps.udc.es/xestat, empregando as credenciais de servizos da UDC (sen @udc.es no nome de usuario).
Unha vez dentro, o informe de datos de investigación atópase en Datawarehouse › [catálogo/subcatálogo] › [nome do informe].
Para acoutar e traballar cos datos do informe, consulta a Guía de filtros do aplicativo Xestat.
Datos dispoñibles segundo o perfil¶
Os datos que se amosan no informe varían segundo o perfil da persoa que accede:
- Investigador/a
- Grupo de investigación
- Centro de investigación