Atopar a convocatoria e revisar os requisitos¶
No menú da esquerda de UXXI-Investigación, preme a icona do megáfono para abrir Convocatorias y ayudas. As convocatorias que teñen o prazo aberto aparecen tamén na portada, en Convocatorias abiertas.

Presentar solicitud en gris
A convocatoria pode estar publicada antes de que se abra o prazo. Mentres tanto, o botón Presentar solicitud aparece en gris.
Preme o título da convocatoria para abrir a súa ficha. Ten tres pestanas.
Información general¶
Datos da convocatoria e, en Datos específicos, o tipo e o subtipo de proxecto, os requisitos e as incompatibilidades. Revísaos antes de presentar a solicitude.

Tramitación de solicitudes¶
A unidade que tramita a convocatoria, as observacións (horas límite e contacto) e o prazo.

Información adicional¶
As bases da convocatoria e a documentación que hai que presentar. Os bloques veñen pregados: preme o título de cada un para despregalo. Cada documento a presentar ten un ficheiro co nome do que se pide e, ás veces, instrucións.
