Notificación da data de revisión¶
Unha vez cualificados os traballos, hai que notificar ao estudantado. No menú da esquerda, seleccionar a opción “Actas de exame”.

A continuación, seleccionar a acta correspondente ao tribunal e indicar a data de revisión ou, se é o caso, o fin do prazo de reclamación:
- Introducir a data de revisión do exame.
- Introducir a hora de revisión do exame.
- Indicar o lugar onde se realizará a revisión.
- Premer en “Gravar”.
