Presentar unha solicitude en UXXI-Investigación¶
Este procedemento explica como presentar unha solicitude a unha convocatoria de investigación en UXXI-Investigación, como subir a documentación que se pide e onde consultar despois a solicitude. O exemplo é a convocatoria de Proyectos de Generación de Conocimiento 2026 (PID2026).
Se ves o nome Portal do Investigador
É a parte de UXXI-Investigación para o persoal investigador. Chamámoslle sempre UXXI-Investigación para non confundila co Portal da Investigación (Dialnet), que é outra aplicación.
Destinatarios¶
Persoal docente e investigador da UDC que vai presentar unha solicitude a unha convocatoria publicada en UXXI-Investigación.
Obxectivo da guía¶
Que a solicitude chegue completa ao Servizo de Investigación dentro do prazo da UDC: cos datos básicos, o centro e a documentación que pide a convocatoria.
O prazo da UDC é anterior ao da entidade financiadora
En UXXI-Investigación, a Fecha límite interna é a data na que a solicitude ten que estar presentada na UDC, para que o Servizo de Investigación poida revisala. A Fecha hasta é a da entidade financiadora. Nas observacións da convocatoria indícase tamén a hora.
Acceso á aplicación¶
O espazo do persoal investigador de UXXI-Investigación está en uxxi.udc.gal/Investigacion/indexInv.jsp. Accédese coa conta da UDC.
Diagrama de fluxo do procedemento¶
flowchart TD
Start([Inicio])
A[1. Atopar a convocatoria<br/>e revisar os requisitos]
B[2. Presentar a solicitude<br/>centro e título]
C[3. Subir a documentación]
D[4. Consultar a solicitude]
End([Fin])
Start --> A --> B --> C --> D --> End
click A "paso1/" "Ir a Atopar a convocatoria"
click B "paso2/" "Ir a Presentar a solicitude"
click C "paso3/" "Ir a Subir a documentación"
click D "paso4/" "Ir a Consultar a solicitude"
Resumo dos pasos¶
| Paso | Denominación | Descrición breve |
|---|---|---|
| 1 | Atopar a convocatoria | Buscala en Convocatorias y ayudas e revisar requisitos, prazo e documentación |
| 2 | Presentar a solicitude | Indicar o centro e o título do proxecto e gardar |
| 3 | Subir a documentación | Achegar os documentos que pide a convocatoria |
| 4 | Consultar a solicitude | Ver a solicitude e o seu estado en Mis solicitudes |
Dúbidas¶
Para dúbidas sobre a solicitude e a súa tramitación, contacta coa unidade xestora que figura na convocatoria. Para a PID2026, a Sección de Xestión de Convocatorias do Servizo de Investigación: coordinacion.investigacion@udc.gal, 881 011 053.