Ir ao contido

Creación de filtros de páxina (filtros rápidos)

Unha vez na pantalla de edición de filtros, hai que seleccionar aquelas columnas que se quere que actúen como filtros de páxina (filtros rápidos) e premer no botón "Aplicar".

Deste xeito, as columnas seleccionadas amosaranse como filtros de páxina ou filtros rápidos na sección de filtros do informe.

Importante

Estes filtros de páxina só se amosan para a vista ou filtro completo que se teña seleccionado nese momento, e pérdense no momento en que se seleccione outro filtro.

Se se quere que os filtros de páxina creados permanezan no filtro actual, é preciso actualizar o filtro.


➡️ Ir ao Paso 6: Modificación e actualización dos filtros