Indemnizacións por Razón de Servizo (IRS): normativa e aplicación práctica¶
Normativa¶
REGULAMENTO PARA LIQUIDAR E PARA TRAMITAR INDEMNIZACIÓNS POR RAZÓN DE SERVIZO (IRS)
- Regulamento aprobado no Consello de Goberno do 27 de abril de 2023.
Definición de comisión de servizo¶
Enténdese por comisión de servizo as tarefas especiais que circunstancialmente se lle ordenen ao persoal e que dean dereito a indemnización cando comporten gastos de:
- Desprazamento
- Aloxamento
- Manutención
Estas tarefas deberán desenvolverse fóra do termo municipal onde a persoa presta ordinariamente servizos á UDC, salvo excepcións (por exemplo, axudas de custo intercampus).
Grupos e categorías profesionais¶
| Grupos | Categoría profesional |
|---|---|
| 1 | Reitor/a, vicerreitores/as, secretario/a xeral, adxuntos do equipo reitoral, xerente/a, vixexerentes/as, decanos/as ou directores/as de facultades e escolas, departamentos e institutos universitarios. Presidente e secretario/a do Consello Social, valedor/a universitario/a |
| 2 | Profesorado, funcionariado A1, A2, persoal laboral dos grupos 1 e 2 |
| 3 | Alumnado, funcionariado B, C1 e persoal laboral do grupo 3 |
| 4 | Resto do persoal funcionariado e laboral non incluído dentro dos anteriores |
Importes por grupo¶
| Por grupos | Por aloxamento | Por manutención | Axuda de custo enteira |
|---|---|---|---|
| 1º | 102,56 € | 53,34 € | 155,90 € |
| 2º | 65,97 € | 37,40 € | 103,37 € |
| 3º | 48,92 € | 28,21 € | 77,13 € |
| 4º | 48,92 € | 28,21 € | 77,13 € |
Anexos asociados¶
Info
O persoal alleo que forme parte dun equipo de traballo considerarase membro da UDC a estes efectos, e aplicaráselle a retención en concepto de IRPF correspondente segundo a súa residencia fiscal:
-
15% no caso de residentes en España.
-
19% no caso de residentes nun país da Unión Europea.
-
24% no caso de residentes nun país de fóra da Unión Europea.
-
Para evitar a aplicación da retención en concepto de IRPF, e sempre que a residencia fiscal do perceptor sexa nun país que teña convenio de dobre imposición con España, deberase presentar certificado de residencia fiscal emitido polas autoridades fiscais do seu país de orixe.
-
Pódense consultar os convenios de dobre imposición en Agencia Tributaria: Convenios de doble imposición firmados por España