Ir ao contido
Paso 1: Acceso á Secretaría Virtual do profesorado › Paso 2: Cadro de control de expedientes

Cadro de control de expedientes

No menú da esquerda de Seguimento teses doutorais:

  1. Premer en «Control de expedientes de doutoramento».

Opción «Control de expedientes de doutoramento» destacada

Ábrese o Cadro de control de expedientes de Doutoramento, cos datos do/da docente na cabeceira e un bloque de filtros:

  1. Escoller o ano académico.
  2. Marcar as situacións das teses que se queren ver: en curso, depositadas, autorizadas, lidas, en baixa definitiva ou en baixa temporal. Por defecto aparecen todas marcadas agás as teses lidas.
  3. Premer en «Aplicar filtros».

Filtros e botón «Aplicar filtros» destacados


Táboa de teses

Debaixo dos filtros aparece a táboa Tese co alumnado asignado. Para cada doutorando/a móstrase o ano de ingreso, o perfil, o número de actividades do documento de actividades (rexistradas e revisadas), se ten plan de investigación, a valoración e o informe da dirección/titoría, a data límite de depósito e a avaliación da comisión académica.

Táboa de teses coas iconas e a columna Perfil destacadas

  • A columna Perfil indica se se figura como D (director/a) ou T (titor/a).
  • Nas columnas do informe da dirección/titoría, T é o/a titor/a e D1, D2 e D3 son os/as directores/as.
  • As iconas da esquerda do nome serven para consultar () ou modificar () o expediente.
  • A icona da columna Enviar correo permite escribir ao/á doutorando/a.

Expedientes duplicados

Se se figura á vez como director/a e titor/a da mesma persoa, o seu expediente aparece dúas veces na listaxe, unha por cada perfil. Non é un erro.