Ir ao contido
Paso 1: Características e tipos de filtros › Paso 2: Aplicación dos filtros

Aplicación dos filtros

Filtros completos e filtros de valores

Os filtros completos (vistas) e os filtros de valores quedan seleccionados premendo sobre o nome do filtro. Ao volver premer sobre el, deixará de estar seleccionado.

Lembra que:

  • Dos filtros completos só se pode ter un seleccionado en cada momento.
  • Dos filtros de valores pódense ter varios seleccionados á vez (son acumulativos).

Filtros de páxina

Os filtros de páxina (filtros rápidos) quedan seleccionados ao marcar unha das opcións que se amosan na lista despregable correspondente. Deixan de estar seleccionados cando se marca outra opción distinta da lista.


➡️ Ir ao Paso 3: Creación de filtros de columna