Ir ao contido

Guía para cubrir en SIGMA as actas de TFG/TFM

Responsable: Secretaría dos tribunais de TFG/TFM Versión: 1.0

Este procedemento describe a xestión das actas de cualificacións dos Traballos de Fin de Grao e Fin de Máster (TFG/TFM) en SIGMA, dirixida principalmente ás persoas que exercen de secretarias/os dos tribunais.


Destinatarios

Secretarias/os dos tribunais de Traballo Fin de Grao (TFG) e Traballo Fin de Máster (TFM).

Obxectivo da guía

Facilitar á persoa secretaria do tribunal a cualificación, notificación e peche das actas de TFG/TFM en SIGMA, describindo os pasos a seguir e destacando algúns aspectos clave a ter en conta.

Non pechar a acta antes de tempo

O prazo de reclamación comeza unha vez a coordinación publica as notas de todos os tribunais. Non se debe pechar a acta ata que a coordinación avise de que rematou o prazo de reclamación do estudantado.


Acceso á aplicación

Para xestionar en SIGMA as actas dos tribunais de TFG/TFM é preciso acceder á aplicación Secretaría Virtual do profesorado, tras a autenticación en:


Diagrama de fluxo do procedemento

flowchart TD
    Start([Inicio])

    A[1. Selección do tribunal<br/>e cualificación do estudantado]
    B[2. Notificación da data de revisión]
    C[3. Traspaso das cualificacións á acta]
    D[4. Peche da acta]
    End([Fin])

    Start --> A --> B --> C --> D --> End

    %% LINKS CLICKABLES
    click A "paso1/" "Ir a Selección do tribunal e cualificación do estudantado"
    click B "paso2/" "Ir a Notificación da data de revisión"
    click C "paso3/" "Ir a Traspaso das cualificacións á acta"
    click D "paso4/" "Ir a Peche da acta"

Resumo dos pasos

Paso Denominación oficial Descrición breve
1 Selección do tribunal e cualificación do estudantado Seleccionar o tribunal e introducir as cualificacións finais
2 Notificación da data de revisión Indicar data, hora e lugar da revisión do exame
3 Traspaso das cualificacións á acta Traspasar as cualificacións á acta
4 Peche da acta Pechar e asinar a acta, unha vez rematado o prazo de reclamación