Persoal do catálogo de investigación¶
Se a persoa forma parte dun grupo de investigación ou é investigadora individual do catálogo, a alta e a baixa no centro tramítanse sempre polo catálogo, de acordo coa normativa de adscrición e desadscrición do centro. O centro escribe directamente ao catálogo. O mesmo vale para as altas e baixas nos institutos universitarios do persoal do catálogo.
Persoal investigador que aínda non está no catálogo
O persoal investigador e os doutorandos teñen que estar no catálogo antes da alta no centro. Se aínda non están, primeiro hai que solicitar a súa inclusión, nun grupo ou como persoal investigador individual: ver a web do Catálogo de Investigación.
Que se envía¶
O centro envía un correo a catalogo@udc.gal con:
- Nome e apelidos e documento identificativo da persoa.
- Se é unha alta ou unha baixa no centro.
- Soporte documental formal, que pode ser:
- un certificado asinado pola persoa que dirixe o centro, ou
- unha copia da acta da comisión ou do órgano do centro que o aprobou.
O documento ten que incluír as datas
O certificado ou a acta deben indicar sempre a data de alta e, se é o caso, a data de baixa no centro. Son as datas que se rexistran en UXXI-Investigación, e o catálogo revísaas co documento.
Cambios de centro
Se a persoa vén doutro centro de investigación ou vai a outro, pon en copia a REDCIDi, agrupa.redcidi@udc.gal. Ver o paso 4.
Que fai o catálogo¶
- Comproba que a persoa non está adscrita a outro centro de investigación e se estaba dada de alta previamente no censo do centro.
- Se a persoa está noutro centro, non rexistra a alta ata recibir a baixa dese centro coa súa data (paso 4).
- Rexistra a alta ou a baixa no centro coas datas do documento.
Persoas que pasan do censo ao catálogo
Se unha persoa do censo entra nun grupo de investigación, a súa alta no centro tramítase igualmente polo catálogo. O catálogo encárgase de revisar o seu rexistro no censo.
← Paso 1: Consulta previa · Volver ao índice · Paso 3: Persoal do censo →