Seguir o estado das publicacións engadidas¶
As peticións que fixeches vense en Ver as publicacións pendentes de aceptación (en Nova publicación) ou en Ver o estado das miñas publicacións engadidas (no listado). A páxina ten tres bloques:
- Pendentes: peticións que a Biblioteca aínda non revisou. Coa papeleira Descartar retiras unha petición que xa non queres.
- Descartadas por min: as que retiraches ti.
- Rexeitadas: as que a Biblioteca non incorporou, co Motivo e as Observacións Revisión.

Rexeitada non sempre quere dicir que falte
O motivo máis habitual é Xa existe: a publicación xa está no sistema ou vai entrar soa dende Scopus, Web of Science ou Dialnet. Le as observacións: ás veces a Biblioteca pregunta algo ou indica que a rexistrará doutro xeito, por exemplo como póster de congreso.