Ir ao contido

Engadir unha publicación

Se unha publicación túa non aparece no listado, pide que se engada dende Nova publicación (ou co botón ENGADIR UNHA PUBLICACIÓN do listado). A petición chega á Biblioteca, que a revisa antes de que apareza no perfil.

Antes de pedila, ten un pouco de paciencia

A información de Dialnet actualízase cada 24/48 horas e a de Scopus e WoS pode tardar unha ou dúas semanas desde que está indexada, non desde que aparece en liña na revista, polo que a visualización dun mérito pode tardar uns días en aparecer. Se a publicación é recente ou só está en liña, agarda: entrará soa no Portal. Se a pides antes, o máis probable é que a Biblioteca che conteste que entrará automaticamente, e terás que esperar igual.

Con DOI ou URL

Se a publicación ten DOI ou un URL, escríbeo e preme CONTINUAR. O Portal obtén del os datos da publicación.

Pantalla para engadir unha publicación por DOI ou URL

CONTINUAR envía a petición

Ao premer CONTINUAR a petición queda enviada á Biblioteca, sen pantalla intermedia de revisión. Comproba antes que o DOI ou o URL son os correctos. Se te equivocas, podes retirala dende as pendentes (paso 3).

Sen DOI nin URL

Se non tes ningún dos dous, preme NON TEÑO URL. Escolle primeiro o Tipo de documento: hai 27 tipos (artigo de revista, capítulo de libro, achega a congreso, dataset, software, tese...).

Formulario manual antes de escoller o tipo de documento

Os campos cambian segundo o tipo. Para un Artigo de revista son Título, Autores/as, Revista, Data de publicación (por exemplo 2018, 2018/12 ou 2018/12/31), Volume, Número, Páxinas e ISSN. Os marcados con asterisco son obrigatorios. Cantos máis datos poñas, máis rápido poderá procesala a Biblioteca. Remata con CONTINUAR.

Formulario manual para un artigo de revista