Ir ao contido

Modificación do expediente

Na táboa de teses, premer na icona de modificar () á esquerda do nome do/da doutorando/a. Ábrese a mesma pantalla que na consulta, pero con opcións de edición nalgunhas seccións:

Opcións de edición destacadas no plan de investigación e no informe da dirección

Plan de investigación do doutorando

  • Iconas para modificar o plan de investigación e duplicar o documento.
  • Casa Validación por director/a, para validar o documento.

Informe da dirección/titoría da tese, na fila de cada curso académico:

  • Valoración: positiva ou negativa.
  • Observacións: icona para editalas.
  • Subir informe: icona para achegar o ficheiro do informe.

Trámites en habilitación

SIGMA está aínda en fase de axustes. A coordinación dos programas e a EIDUDC informarán de como e cando realizar cada trámite (validación do plan, informe anual da dirección...). Ata entón, recoméndase usar este modo só seguindo as súas indicacións.

Erros nos datos

Os datos da tese (título, dirección, titoría, liñas de investigación...) non se corrixen dende aquí. Calquera erro hai que comunicalo á coordinación do programa de doutoramento.