Xestión de datos de investigación¶
A Unidade de Análise e Xestión de Datos (AXD) xestiona o acceso aos datos institucionais de investigación da UDC para investigadores, grupos de investigación e centros de investigación.
Esta guía describe o procedemento completo: como solicitar acceso aos datos, como consultalos unha vez concedido o acceso (a través do informe de Xestat ou do servizo web) e que datos están dispoñibles para descarga e con que periodicidade se actualizan.
Destinatarios¶
Investigadores, grupos de investigación e centros de investigación da UDC que necesiten acceder aos datos de investigación institucionais.
Obxectivo da guía¶
Facilitar ao persoal investigador o coñecemento do procedemento de solicitude de acceso aos datos de investigación e o uso posterior dos canles dispoñibles para consultalos (informe de Xestat e servizo web), así como informar sobre os datos descargables e a súa periodicidade de actualización.
Diagrama de fluxo do procedemento¶
flowchart TD
Start([Inicio])
A[1. Solicitude de acceso aos datos]
B[2. Uso do informe Xestat]
C[3. Servizo web]
D[4. Datos descargables e periodicidade]
End([Fin])
Start --> A --> B --> C --> D --> End
%% LINKS CLICKABLES
click A "solicitude-acceso-datos/" "Ir a Solicitude de acceso aos datos"
click B "uso-informe-xestat/" "Ir a Uso do informe Xestat"
click C "servizo-web/" "Ir a Servizo web"
click D "datos-descargables/" "Ir a Datos descargables e periodicidade"
Resumo dos pasos¶
| Paso | Denominación oficial | Descrición breve |
|---|---|---|
| 1 | Solicitude de acceso aos datos | Como solicitar acceso aos datos de investigación (investigador, grupo, centro) |
| 2 | Uso do informe Xestat | Como consultar os datos unha vez concedido o acceso e que datos ten cada perfil |
| 3 | Servizo web | Como se usa o servizo web e como se pode consumir |
| 4 | Datos descargables e periodicidade | Que datos están dispoñibles para descarga e cada canto se actualizan |
Dúbidas sobre o acceso aos datos?¶
Se tes calquera dúbida sobre o procedemento de acceso aos datos de investigación, podes realizar a túa consulta a través de axuda TIC e o equipo de AXD atenderaa.