Ir ao contido

Datos de contacto e outras ligazóns

En Datos persoais, o primeiro bloque recolle os datos de contacto que se amosan no teu perfil público:

  • Nome preferido: como queres que apareza o teu nome.
  • Enderezo postal e Teléfono.
  • URL do web persoal, por exemplo a páxina do teu grupo.
  • Se ofrece a ser contactado por medios (prensa/radio/TV): márcao se aceptas que os medios de comunicación contacten contigo.

Despois dos cambios, preme ACTUALIZAR.

Bloque de datos de contacto do perfil

Outras ligazóns

Para engadir máis enderezos web ao perfil, preme ENGADIR en Outras ligazóns. Escolle o Tipo (Blog, Podcast ou Directorio), escribe o URL e preme ENGADIR.

Diálogo para engadir outra ligazón

Comproba o resultado

Con Ver o meu perfil público no portal, arriba á dereita, ves o perfil tal como o ven os demais.