Delegar permisos¶
A persoa responsable do grupo pode dar a outros membros permiso para facer parte destas tarefas, por exemplo a quen lle leva a web ou a xestión do grupo. Preme Xestionar permisos, arriba na páxina do grupo.

A páxina ten dúas listas:
- Membros con permisos delegados: quen ten permisos agora e cales.
- Histórico de permisos revogados: os permisos que se retiraron, con quen os concedeu e quen os retirou.
Engadir un permiso¶
-
Preme ENGADIR PERMISO e escolle a persoa en Seleccionar persoa. Só aparecen os membros actuais do grupo.

-
Marca os permisos que lle queres dar:
Permiso Que permite Descargar contido Descargar informes, memorias e datos do grupo (pasos 3 e 4) Editar datos Editar certa información do grupo, como o logo ou a imaxe (paso 1) Xestionar novas Crear, asociar e desasociar novas do grupo Xestionar texto rico Incluír ou editar os textos da páxina pública, con imaxes e vídeos (paso 2) 
-
O diálogo non ten botón de gardar, só PECHAR. Ao pechalo, comproba que a persoa aparece en Membros con permisos delegados cos permisos que lle deches.
Dá só o que faga falta
Os permisos pódense combinar e retirar cando queiras. Para alguén que só prepara as memorias abonda con Descargar contido. Para quen leva a web do grupo, Editar datos e Xestionar texto rico.