Ir ao contido

Editar o perfil no Portal da Investigación

Responsable: Servizo de Biblioteca Universitaria Versión: 1.0

Este procedemento explica que datos do teu perfil público podes editar ti mesmo no Portal da Investigación da UDC: os datos de contacto, a presentación, as palabras clave, a foto e os identificadores noutras bases de datos.


Destinatarios

Persoal docente e investigador da UDC que ten perfil no Portal da Investigación.

Obxectivo da guía

Que o teu perfil público estea completo e actualizado, e saber a quen pedir os cambios que non podes facer ti.

Portal da Investigación e UXXI-Investigación non son o mesmo

O Portal da Investigación (portalinvestigacion.udc.gal) é o escaparate público da investigación da UDC: perfís, grupos, publicacións e financiamentos. UXXI-Investigación (uxxi.udc.gal) é a aplicación onde se presentan as solicitudes ás convocatorias (ver Presentar unha solicitude en UXXI-Investigación).


Acceso á aplicación

Entra en portalinvestigacion.udc.gal/account coa conta da UDC. Abre a túa área persoal, na páxina Datos persoais. Dende o menú da esquerda chegas tamén a Informes, Publicacións e Grupos de investigación. Arriba á dereita, Ver o meu perfil público no portal amosa o perfil tal como o ven os demais.


Diagrama de fluxo do procedemento

flowchart TD
    Start([Inicio])

    A[1. Datos de contacto<br/>e outras ligazóns]
    B[2. Presentación, palabras clave<br/>e foto]
    C[3. Identificadores]
    End([Fin])

    Start --> A --> B --> C --> End

    click A "paso1/" "Ir a Datos de contacto"
    click B "paso2/" "Ir a Presentación, palabras clave e foto"
    click C "paso3/" "Ir a Identificadores"

Resumo dos pasos

Paso Denominación Descrición breve
1 Datos de contacto Nome preferido, enderezo, teléfono, web persoal, outras ligazóns e contacto con medios
2 Presentación, palabras clave e foto Texto de presentación e palabras clave en galego, castelán e inglés, e foto do perfil
3 Identificadores Códigos noutras bases de datos e redes sociais

O que non se edita dende o perfil

Hai datos do perfil que veñen doutros sistemas da UDC e non se poden cambiar dende o Portal:

Dato Onde se pide o cambio
Categoría, grupo de investigación e membros do grupo Catálogo de investigación: catalogo@udc.gal
Financiamentos e equipos dos proxectos axd@udc.gal, coa documentación xustificativa
Publicacións que faltan Engádeas ti (ver Engadir e revisar as túas publicacións)

Dúbidas e incidencias