Rexistro de cambios¶
Control de cambios de contido dos procedementos para o PDI: procedementos novos ou modificados, anexos e aclaracións relevantes. Cada entrada corresponde a unha versión publicada.
Criterio de rexistro
Só se rexistran cambios de contido. As versións con cambios exclusivamente estéticos ou de infraestrutura non aparecen neste rexistro.
1.10.4 (2026-11-03)¶
- Presentar unha solicitude: pasa a chamarse Presentar unha solicitude en UXXI-Investigación. Agora está dentro dunha nova sección UXXI-Investigación en Xestión da investigación, e a súa dirección cambia a
procedementos/uxxi-inv/presentar-solicitude/. - Presentar unha solicitude: nova nota que explica que a aplicación se chama sempre UXXI-Investigación, para non confundila co Portal da Investigación (Dialnet).
- Editar o perfil: o aviso que distingue o Portal da Investigación de UXXI-Investigación inclúe agora o enderezo de cada un.
1.10.3 (2026-11-02)¶
- Incidencias: o correo para comunicar incidencias pasa a ser uxxi-inv@udc.gal.
1.10.2 (2026-10-24)¶
- Engadir e revisar as túas publicacións, paso 2: antes de pedir unha publicación recente ou que só está en liña, agardar a que se indexe, porque entrará soa no Portal.
1.10.1 (2026-10-24)¶
- Portada: novo bloque de procedementos de Xestión da investigación (Portal do Investigador, altas e baixas nos centros e os catro do Portal da Investigación).
- Engadir e revisar as túas publicacións, paso 4: o financiamento queda relacionado ao premelo na lista, sen botón de gardar, e na lista non aparecen os xa relacionados. A papeleira quita a relación sen pedir confirmación. Se a sesión caducou, a acción non se fai e hai que identificarse de novo.
1.10.0 (2026-10-24)¶
- Novos procedementos do Portal da Investigación, na sección Xestión da investigación:
- Editar o perfil: datos de contacto, outras ligazóns, presentación e palabras clave en tres idiomas, foto e identificadores. Inclúe o que non se edita dende o perfil e a quen pedilo.
- Engadir e revisar as túas publicacións: listado con columnas de citas e cuartís, descarga en formatos bibliográficos e informe de indicios, ocultar unha publicación, engadir por DOI, URL ou formulario, seguimento das pendentes e rexeitadas, e relación das publicacións cos financiamentos, útil para xustificar os proxectos.
- Informes e descargas persoais: informe de indicios de visibilidade e impacto, CVN, memoria académica e impacto normalizado.
- Xestionar o grupo de investigación: logo, imaxe, redes e textos da páxina pública, membros, publicacións do grupo e do persoal investigador con tres tipos de descarga, memoria académica e teses do grupo, e delegación de permisos noutros membros.
- Todos levan a ligazón ao formulario de incidencias e o contacto da Biblioteca Universitaria.
1.9.3 (2026-10-23)¶
- Presentar unha solicitude no Portal do Investigador: os ficheiros pódense subir e a solicitude pódese eliminar ata a Fecha hasta da convocatoria, aínda que xa pasase a Fecha límite interna. Despois a solicitude vese, pero xa non se pode subir nada.
1.9.2 (2026-10-23)¶
- Altas e baixas de persoal nos centros de investigación: o centro trata o persoal do catálogo directamente co catálogo (catalogo@udc.gal), tamén a consulta previa de se a persoa está xa noutro centro. O censo do centro, que xestiona REDCIDi, é o persoal técnico e de xestión (PCTI ou PTXAS) e os colaboradores externos que non están en ningún grupo. O persoal investigador e os doutorandos van sempre polo catálogo. O censo é só dos centros de investigación, os propios e os interuniversitarios (CISPAC, ECOBAS e CITMAga). Os institutos universitarios comunican tamén a catalogo@udc.gal as altas e baixas do seu persoal do catálogo. Nos cambios de centro do persoal do catálogo, a baixa e a alta van con copia a REDCIDi, o catálogo non rexistra a alta no novo centro ata ter a baixa documentada do anterior, e o desexable son datas consecutivas para que non queden baleiros de adscrición a un centro CIGUS.
1.9.1 (2026-10-23)¶
- Presentar unha solicitude no Portal do Investigador: en cada bloque da documentación pódense subir varios ficheiros, un cada vez, de ata 100 MB cada un. Os documentos con varias partes, como as autorizacións, pódense subir un a un ou xuntos nun zip.
1.9.0 (2026-10-21)¶
- Novo procedemento: expedientes de doutoramento en SIGMA, dirixido ao profesorado que dirixe ou titoriza teses. Explica o acceso dende a nova Secretaría Virtual do profesorado (non dende «Doutoramento (anterior a 2026)»), o cadro de control de expedientes, por que un expediente pode aparecer dúas veces (director/a e titor/a), que datos revisar e a quen comunicar os erros, e as opcións do modo de modificación.
1.8.2 (2026-10-12)¶
- Presentar unha solicitude no Portal do Investigador: corrixida a ligazón de acceso ao Portal (
uxxi.udc.gal/Investigacion/indexInv.jsp).
1.8.1 (2026-10-12)¶
- Altas e baixas de persoal nos centros de investigación: para os investigadores externos do censo hai que achegar copia escaneada do DNI ou pasaporte e do CIF da súa institución, para darlles de alta na base de datos de terceiros.
1.8.0 (2026-10-12)¶
- Novo procedemento: altas e baixas de persoal nos centros de investigación, dirixido aos centros e institutos. Distingue o persoal do catálogo de investigación, que se tramita por correo a catalogo@udc.gal cun certificado da dirección ou copia da acta coas datas de alta e baixa, do persoal do censo do centro, que se tramita co programa AGRUPA de REDCIDi. Inclúe a consulta previa a REDCIDi antes de aceptar unha adscrición, os cambios de centro e as normativas de adscrición de CICA, CITEEC, CITENI e CITIC.
1.7.1 (2026-10-12)¶
- Presentar unha solicitude no Portal do Investigador: o centro vén cuberto co centro principal. Para o persoal sen departamento docente é o seu centro de investigación, e ese será o centro principal do proxecto.
1.7.0 (2026-10-11)¶
- Novo procedemento: presentar unha solicitude no Portal do Investigador de UXXI-Investigación, co exemplo da convocatoria de Proyectos de Generación de Conocimiento 2026 (PID2026). Explica como atopar a convocatoria, indicar o centro e o título, subir a documentación e consultar despois a solicitude. Nova sección Xestión da investigación.
- Novo rexistro de cambios.
1.6.4 (2026-09-25)¶
- IRS: retencións de IRPF para o persoal alleo e impreso IRS actualizado.
1.6.3 (2026-09-17)¶
- IRS: anexo de IRS e IRPF actualizado e ligazón ao manual de acollida do persoal PCTI.
1.6.2 (2026-09-03)¶
- Aviso de servizo.
1.6.1 (2026-09-03)¶
- Nova guía de xestión de datos (solicitude de acceso, informe Xestat, servizo web e datos descargables). A sección Xestat pasa a chamarse Xestión estadística.
1.5.0 (2026-07-27)¶
- Nova guía de filtros dos informes, paso a paso.
- IRS: corrección dunha ligazón en xustificación e anticipos.
1.4.0 (2026-07-07)¶
- Novo procedemento en Xestión académica: cubrir as actas de TFG.
1.3.0 (2026-05-19)¶
- IRS: novo correo de contacto irs.exi@udc.gal.
- Dietas e aloxamento: aclaración das condicións da indemnización do almorzo.
- Nova documentación de informes dispoñibles.
- Nova páxina de tecnoloxía e licenzas.