Textos da páxina pública¶
Os textos da páxina pública do grupo (a presentación, as liñas, as especialidades...) edítanse dende a propia páxina pública. Na pestana Detalle, preme EDITAR O TEXTO ENRIQUECIDO. Ábrese a páxina pública do grupo e, como tes permiso, en cada sección editable aparece un botón Editar texto rico.

Hai textos en varias seccións da páxina: baixo os datos do grupo, na descrición, nos membros, nas clasificacións e nas especialidades. Cada un é independente.
O editor¶
Preme Editar texto rico na sección que queiras. O editor ten:
- Unha pestana por idioma: galego, castelán e inglés. Cada versión é a que se amosa cando se consulta o Portal nese idioma.
- Unha barra de ferramentas para dar formato, engadir ligazóns e inserir imaxes (ata 1 MB cada unha) ou vídeos.
- GARDAR, para publicar os cambios, e ELIMINAR, que borra o texto desa sección.
- Abaixo, quen creou e quen modificou por última vez o texto, e cando.

Os cambios publícanse ao gardar
O texto que gardas aparece xa na páxina pública do grupo. Revísao nos tres idiomas antes de gardar.