Ir ao contido

Relacionar unha publicación cun financiamento

Cada publicación pode relacionarse cos proxectos ou axudas que a financiaron. A relación queda rexistrada no Portal e permite ter xuntos os resultados de cada proxecto, o que axuda moito cando hai que xustificalo ou presentar os seus resultados.

Abrir o detalle da publicación

No listado de Publicacións, preme o botón ⋮ da fila e despois Ir ao detalle. A ficha ten dous bloques:

  • Textos completos: os ficheiros a texto completo da publicación e o seu estado de revisión.
  • Proxectos relacionados: os financiamentos aos que xa está relacionada, coa súa referencia e o seu nome.

Detalle da publicación cos proxectos relacionados

Engadir ou quitar un financiamento

Preme ENGADIR en Proxectos relacionados. Ábrese a lista dos financiamentos nos que figuras no equipo e que estaban vixentes no ano da publicación, coa referencia, o nome e as datas de inicio e fin. Os que xa están relacionados coa publicación non aparecen. Preme o que corresponda: queda relacionado ao momento, sen botón de gardar.

Lista de financiamentos para relacionar coa publicación

Para quitar unha relación, preme a papeleira da súa fila.

A papeleira non pide confirmación

A relación desaparece en canto premes a papeleira. Se a quitas por erro, volve engadila con ENGADIR.

Se a sesión caducou

Se ao engadir ou quitar aparece Requírese Nome de usuario/a, a acción non se fixo. Preme IDENTIFICARME DE NOVO e repítea.

Se o financiamento non aparece na lista

Pode ser que a publicación sexa dun ano no que o proxecto xa non estaba vixente, ou que ti non figures no seu equipo no Portal. Se o problema é o equipo ou os datos do financiamento, escribe a axd@udc.gal coa documentación. Para o resto de casos, usa o formulario de incidencias.

Relaciona as publicacións segundo saen

Se relacionas cada publicación ao publicala, cando chegue a xustificación do proxecto xa terás a lista de resultados feita.