Creación de filtros completos (vistas) e filtros de valores¶
Creación dos filtros de columna previos¶
O primeiro paso para crear un filtro completo ou un filtro de valores é crear os filtros de columna que van formar o novo filtro e definir as características que vai ter.
Unha vez feito isto, é necesario, como nos filtros de columna, premer sobre o botón "Aplicar" para que se recalcule o informe e se amosen os datos que cumpren cos filtros de columna e cas características seleccionadas.
Opción "Crear Novo"¶
Cos datos que se queren ver xa configurados (filtros de columna aplicados e características seleccionadas), hai que premer co botón dereito do rato sobre a zona de filtros do informe. Aparecerá un menú contextual coa opción "Crear novo".

Esta opción amosa unha pantalla que crea un novo filtro completo ou un novo filtro de valores partindo da configuración actual (filtros de columna e características).
O usuario pode decidir, mediante unha casilla de verificación, cales dos filtros de columna actualmente aplicados quere que permanezan no novo filtro e cales non.
- Se se quere crear un filtro de valores, hai que marcar a opción "Soamente filtrará datos": o novo filtro crearase cos filtros de columna actualmente aplicados e seleccionados.
- Se non se marca esa opción, crearase un filtro completo cos filtros de columna seleccionados e coas características actualmente aplicadas.
O usuario debe indicar un nome para o novo filtro e pode, ademais, indicar:
- Unha descrición do filtro.
- Se quere que sexa o filtro inicial ao arrancar o informe.
- Se quere que estea dispoñible para todos os usuarios do informe.
- Se quere que estea visible para outros informes múltiples.

➡️ Ir ao Paso 5: Creación de filtros de páxina (filtros rápidos)