Subir a documentación¶
Ao pechar o aviso, ábrese a túa solicitude. Ten dúas pestanas: Registro, cos datos que acabas de gardar, e Documentación.

Abre a pestana Documentación.

| Bloque | Que subir |
|---|---|
| Documentación que se adjunta | Os documentos que pide a convocatoria en Documentación a presentar (paso 1). Na PID2026: o borrador da solicitude da AEI, a memoria científico-técnica e, se é o caso, as autorizacións dos membros doutras institucións |
| Archivos adjuntos | Calquera outro ficheiro que queiras achegar |
Preme Examinar archivo e escolle o ficheiro. Súbese no momento e aparece na lista, coa súa ligazón de descarga e unha papeleira para borralo se te equivocaches.

Para subir máis ficheiros no mesmo bloque, preme outra vez Examinar archivo. Cada vez escolles un só ficheiro, e vanse sumando na lista. Cada ficheiro pode ocupar ata 100 MB.
Usa PDF e nomes claros
Sube os documentos en PDF e cun nome que diga que é cada un, para que o Servizo de Investigación os identifique axiña. Se un documento ten varias partes, como as autorizacións de varios membros doutras institucións, podes subilas unha a unha ou xuntas nun ficheiro zip.