Descargar o informe¶
Os informes que se solicitan non sempre se descargan ao momento: o Portal prepáraos e déixaos en Descargas dispoñibles, ao final da páxina Informes. Para cada un ves o número de rexistros, o formato, a descrición (o tipo de informe e o período, e o grupo se é dun grupo) e cando se xerou. Descárgase co botón da súa fila.

Tamén os informes do grupo
Na lista aparecen igualmente as memorias que pediches dende un grupo de investigación (ver Xestionar o grupo no Portal da Investigación).