Ir ao contido

Consulta e revisión do expediente

Na táboa de teses, premer na icona de consultar () á esquerda do nome do/da doutorando/a.

Ábrese a pantalla Inscrición e seguimento, cos apelidos e nome, o plan (programa de doutoramento), o decreto que se aplica e a data máxima de depósito. Debaixo hai unha serie de seccións que se despregan ao premer no seu título:

Seccións do expediente destacadas


Datos do doutorando e da tese

Recolle o título da tese, a dirección e a titoría, a data de inicio, os días consumidos, a cotutela, as mencións industrial e internacional e, cando corresponda, as datas de depósito e lectura e a cualificación. Ao final aparecen as liñas de investigación da tese.

Datos da tese destacados

Que revisar

Convén comprobar sobre todo o título, os nomes e a procedencia da dirección e da titoría, a data de inicio e as liñas de investigación. Se algún dato non se corresponde coa realidade, hai que comunicalo á coordinación do programa.


Financiamento, documento de actividades e plan de investigación

  • Financiamento: bolsas ou contratos que financian a tese, se os hai.
  • Documento actividades: actividades formativas rexistradas polo/pola doutorando/a.
  • Plan de investigación do doutorando: documentos achegados en cada curso (compromiso documental, plan de investigación...). Pódense descargar e ver se están validados pola dirección.

Plan de investigación coas columnas Descargar e Validación por director/a destacadas


Informe da dirección/titoría e avaliación da comisión académica

  • Informe da dirección/titoría da tese: un bloque por cada director/a ou titor/a, coa valoración (positiva ou negativa), as observacións e o informe de cada curso académico.
  • Avaliación da comisión académica: resultado da avaliación anual da tutela da tese en cada curso.
  • Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: ODS asociados á tese.

Avaliación da comisión académica destacada

Para volver á táboa de teses, premer en «Volver» ao final da pantalla.