Ir ao contido

Tramitación e xustificación

Prazos de xustificación

Posibilidade de acumulación:

  • Comisións repetitivas (tribunais periódicos, reunións semanais, dietas intercampus (Ferrol-Coruña)...)
  • Tramitación mensual ou trimestral nunha única IRS

Importante

Os 10 días hábiles para solicitar a indemnización comezarán o último día do período correspondente que se pretenda solicitar.


Documentación xustificativa

  • Recibos ou tickets coa información fiscal
  • Billetes ou pasaxes orixinais (tarxeta de embarque) ou escaneadas de avión, ferrocarril, autobús ou barco, coa indicación do itinerario, días e horas de ida e de volta.
  • Recibos da peaxe aboados nas autoestradas (onde figure o importe real do gasto soportado incluíndo os posibles descontos do VIAT).
  • Recibos ou facturas de aparcadoiro
  • Recibos ou facturas de taxi, coa indicación do percorrido realizado.
  • Billete de transporte público usado para desprazarse dentro das cidades com indicación do prezo
  • Factura dos medios especiais de transporte utilizados cando sexan autorizados pola comisión
  • Xustificante de gastos extraordinarios de viaxe ao estranxeiro, como vacinas, visados e outros necesarios para entrar no país de que se trate.
  • Certificados de asistencia (congresos), copia da convocatoria (reunións) e a vinculación em caso de financiamento afectado (proxectos de investigación, etc...)

Moeda estranxeira:

  • OANDA ou extracto bancario co cambio aplicado

Anticipos

  • Para gastos superiores a 100 €
  • Máximo 100 % do gasto previsto
  • Cargo á conta de anticipos do EXI

Condicións:

  • Se a comisión de servizo se realiza no estranxeiro e tivese que durar máis dun mes e menos de tres, anticiparase o importe dos gastos de viaxe e das axudas de custo do primeiro mes e ao empezar un novo mes anticiparanse as axudasde custo que correspondan, logo da solicitude da persoa interesada. O mes de regreso anticiparase o importe dos gastos de viaxe e das axudas de custo. Excepcionalmente, poderase anticipar o importe total previsto para a comisión de servizo, logo da autorización da solicitude motivada dirixida á Xerencia e debidamente autorizada polo superior xerárquico do/a comisionado/a.
  • Unha vez xustificados os gastos, en función do resultado da liquidación, o/a comisionado/a devolverá a parte que corresponda do anticipo recibido ou ben se lle aboará o importe pendente de percibir, cando os gastos sexan superiores á previsión inicial.
  • Non se podrá conceder un novo anticipo a un/unha comisionado/a sen que se renda a conta do anticipo anterior, debidamente xustificada.

Partida económica

  • Empregarase sempre a partida rematada en 01