Transporte e desprazamentos¶
Viaxe e aloxamento¶
O procedemento ordinario será:
- Xestión anticipada da viaxe e do aloxamento pola persoa responsable do financiamento
- Solicitude de orzamentos á axencia de viaxes
- Tramitación mediante CONTRATANDO
Deste xeito non será necesario indemnizar á persoa desprazada.
Desprazamentos¶
- Preferentemente en transporte público
- Sempre en clase turista
Casos excepcionais (urxencia, representación, duración da viaxe):
- Poderase autorizar clase superior pola Xerencia
Billetes non reembolsables:
- Indemnizables só por forza maior debidamente xustificada
- Achegar escrito explicativo + facturas
Importante
Non se indemnizarán desprazamentos en vehículo particular dentro do mesmo termo municipal (excepto intercampus).
Vehículo particular¶
Autorízase cando:
- A comisión comeza e remata o mesmo día
- A comisión é itinerante e se realice en distintas localidades
- Resulta máis eficaz que o transporte público ou que estes non existan sempre que quede xustificado na solicitude da orde de comisión (debidamente xustificado)
Compensación:
- 0,26 €/km (automóbiles)
- Unha única indemnización por vehículo
-
Uso de autoestrada con peaxe → achegar tickets ou extracto VIAT
- Non serán indemnizables os traxectos alternativos por estrada.
- Este requisito poderase excepcionar mediante unha solicitude motivada e a autorización expresa da Xerencia.
- No caso de descontos por uso do VIAT unicamente se poderá compensar polos gastos efectivamente soportados.
-
Abonarase a distancia máis curta entre a residencia habitual do/a comisionado/a ou o lugar do seu posto de traballo ata a localidade de destino.
- No caso de existir gastos relacionados como autoestradas, acontía máxima que se sufrague seguirá o mesmo criterio.
- Para calcular os km utilizarase Google Maps entre localidades.
Vehículos de alugamento¶
- Só cando sexa imprescindible (non exista transporte público ou as circunstancias así o requiran)
- Debe autorizarse expresamente na IRS
- Contratación polos servizos administrativos da UDC (CM)
Note
-
Unicamente se indemnizarán os gastos correspondentes á duración do traxecto de ida e de volta, agás que as circunstancias particulares da comisión de servizo impliquen a necesidade de usar o vehículo durante os días desta.
-
Para xustificar o gasto, acompañarase a factura orixinal expedida pola empresa de alugamento do vehículo e as facturas de combustible.
Documentación:
- Factura do alugamento
- Facturas de combustible
Taxi¶
Indemnizable para:
- Estacións, portos e aeroportos
- Xestións no lugar de destino
Debe xustificarse a imposibilidade ou inconveniencia do transporte colectivo.
Gastos de transporte especiais¶
Inclúen:
- Garaxes de hoteis
- Aparcadoiros públicos
- Aparcadoiros de aeroportos ou estación de ferrocarril
- Cando é distinta á do lugar habitual de traballo, cando se utilizou o vehículo particular
- Peaxes de autoestradas
- Transporte de vehículo en barco
- Cando tal circunstancia se previu na autorización do uso do vehículo particular.
Info
Nos recibos debe figurar día, horas de entrada/saída e importe.