Dietas e aloxamento¶
Duración da comisión de servizo¶
- Territorio nacional: máximo 1 mes, prorrogable outro mes.
- Estranxeiro: máximo 3 meses, prorrogable outros 3 meses.
Para persoal contratado con cargo a financiamento alleo:
- En ningún caso poderá exceder o último día de vixencia do proxecto.
-
Agás que as bases específicas permitan un prazo superior, que deberá acreditarse no expediente:
- Accións de divulgación, reunións vinculadas coa xustificación, ...
Comisións inferiores a un día natural¶
Se:
- Comeza antes das 14:00 h
- Finaliza despois das 16:00 h
- Ten unha duración mínima de 5 horas
Indemnizarase co 50 % da axuda de custo diaria, achegando documentación que xustifique a hora de chegada.
Comisións superiores a 24 horas¶
-
Día de saída
- Saída antes das 14:00 h → 100 % manutención
- Saída entre 14:00 h e 22:00 h → 50 % manutención
-
Día de regreso
- Finalización despois das 14:00 h → 50 % manutención
- Se se xustifica finalización despois das 22:00 h → 100 % manutención
-
Días intermedios
- 100 % dos gastos de manutención
Almorzo¶
Non se indemnizará o almorzo, se o importe do mesmo + aloxamento supera a contía establecida para o aloxamento (sen IVE).
Gastos de aloxamento superiores ao máximo¶
Só por algunha destas causas:
- Hotel fixado pola organización
- Inexistencia de hoteis dispoñibles dentro do límite
- Razóns de seguridade
- Proximidade ao lugar da actividade
Importante
Require autorización previa (financiamento non finalista):
secretaria.vicexerencia.xestion.investigacion@udc.gal