Ir ao contido

Cando e para que teño que pedir autorización á Vicexerencia de Xestión da Investigación?

Autorización da Vicexerencia: cando e como

Sempre que unha solicitude de gasto non cumpra a normativa vixente, sexa pola razón que sexa, será necesario solicitar autorización previa á Vicexerencia de Xestión da Investigación.

A solicitude deberá facerse por correo electrónico ao seguinte enderezo:

secretaria.vicexerencia.xestion.investigacion@udc.gal


Casos máis habituais nos que se require autorización

  1. Necesidade de pago previo por parte do IP ou dalgún investigador

    • Situacións de urxencia
    • Só se admite pago en efectivo
    • Só se admite pago con tarxeta de crédito
  2. Superar o límite máximo permitido en aloxamento

  3. Superar as datas de saída e chegada nunha comisión de servizo

    • A normativa xeral indica:
      • un día antes do evento
      • un día despois do evento
    • Calquera excepción require autorización expresa
    • Só se admite pago en efectivo
    • Só se admite pago con tarxeta de crédito

Como solicitar a autorización (exemplo práctico)

Por exemplo, no caso de superación do límite de aloxamento, será necesario achegar no correo electrónico un escrito asinado polo IP que inclúa a seguinte información:

  • Nome do congreso, reunión ou evento
  • Lugar e datas de celebración
  • Nome das persoas que asistirán
  • Tres orzamentos de diferentes hoteis
  • Debe indicarse cal é a opción máis vantaxosa
  • Xustificación expresa do motivo polo que se escolle a opción proposta

Importante:

A autorización debe solicitarse sempre con carácter previo á realización do gasto. Sen autorización previa, o gasto pode non ser admitido.