Ir ao contido

¿Cómo interpreto unha situación de créditos de UXXI-EC?

Situación de créditos por centros (SOROLLA): interpretación

O SOROLLA é o documento que nos indica a relación de gastos dunha partida económica e a situación na que se atopa cada un deles: - crédito reservado - factura tramitada - crédito pagado - crédito dispoñible


Información xeral do documento

No título do SOROLLA sempre aparecen os seguintes datos: - Exercicio económico - Orgánica - Referencia do proxecto - Título do proxecto - IP do proxecto

No encabezado móstrase un resumo das cantidades globais do proxecto.

A suma das seguintes magnitudes debe coincidir co crédito inicial ou co total das modificacións de crédito:

  • Crédito reservado
    (existe reserva, pero aínda non hai factura)
  • CR. OBL. y ADOPJ
    (reservas con factura xa tramitada)
  • Crédito pagado
  • Crédito dispoñible
    (importe libre para gastar)

No exemplo mostrado, non houbo anualidade (crédito inicial) e só existiu unha incorporación do sobrante do exercicio anterior, que figura como modificación de crédito por 58.447,13 €.

Sorolla explicación 1


Detalle dos expedientes

A partir do encabezado, os gastos preséntanse agrupados por económica. Para cada expediente aparecen, entre outros, os seguintes datos:

  • Número de expediente / CM
  • Data
  • Descrición ou obxecto do contrato menor
  • Importe total reservado
  • Importe utilizado
  • Importe dispoñible

Exemplos prácticos

  • Expediente 2025/0011688

    • O importe aparece como reservado
    • O importe utilizado é 0
    • Isto indica que a factura aínda non foi tramitada, polo que todo o importe continúa dispoñible dentro do expediente
  • Expediente 2025/0013152

    • A factura xa foi tramitada
    • Todo o importe figura como utilizado
    • Non queda importe dispoñible
    • Se quedase algún importe dispoñible, podería deberse a:
      • falta dunha factura parcial
      • importe do IVE pendente de liberar

Sorolla explicación 2


Documentos contables e estado do pagamento

Ao continuar avanzando no documento, tras a relación de expedientes, aparecen os documentos contables, que se clasifican segundo o seu estado:

  • FASE O → documentos non pagados
  • Crédito pagado → documentos xa abonados

Esta separación permite identificar claramente que gastos están pendentes de pagamento e cales xa foron efectivamente pagados.

Sorolla explicación 3