Cómo pago a un conferenciante?¶
Pagamento a conferenciantes e honorarios¶
Tanto para o pagamento a conferenciantes como para o pagamento de honorarios por colaboracións e/ou traballos realizados (especialmente no Artº 60), utilízase un único impreso normalizado.
É necesario achegar:
- O impreso cuberto polo anverso e reverso (sen asinar)
- O cartel da conferencia, no seu caso
Retencións aplicables¶
Antes de tramitar o pagamento, débese comprobar a retención fiscal que corresponde ao poñente ou colaborador:
- Persoal da UDC:
-
A retención será a mesma que figure na súa nómina
-
Persoal alleo á UDC:
-
Retención xeral do 15%
-
Persoal estranxeiro:
- Comunitarios: 19%
- Extracomunitarios: 24%
Convenios para evitar a dobre imposición¶
Se o conferenciante non é español e procede dun país co que España ten asinado un convenio para evitar a dobre imposición, e desexa non estar suxeito á retención do IRPF, deberá achegar:
- Certificado de residencia fiscal, emitido polo organismo competente do seu país de residencia
Para comprobar se un país ten convenio de dobre imposición con España, pódese consultar a web da Axencia Tributaria.
Partida orzamentaria¶
- Na aplicación orzamentaria, sempre se empregará unha económica rematada en
08.
Tramitación do expediente¶
Unha vez recibido o impreso correctamente cuberto:
- Créase o expediente en UXXI
- Remítese para a sinatura do Responsable EXI / IP / Ponente
Impreso oficial¶
Impreso de solicitude de pagamento a conferenciantes e honorarios