Ir ao contido

ANEXO: LIÑAS DE INVESTIGACIÓN

Os contratos indefinidos poderán tramitarse segundo o disposto no artigo 5 da Instrucción 2/2025, de 17 de marzo de 2025, del Vicerrectorado de Investigación y Transferencia, por la que se regula el registro de líneas de investigación y estratégicas y la contratación de personal investigador laboral con cargo a líneas.

Os contratos formalizados con cargo a unha liña poderán pasar a ser financiados con cargo a outro proxecto, axuda ou convenio da mesma liña, sempre que as tarefas a desenvolver non varíen e se conte con financiación suficiente. O/a investigador/a principal debe comunicar ao EXI a intención de continuar a financiar a contratación mediante a presentación dun novo cronograma de tarefas, cunha antelación mínima de 30 días.

O procedemento será o mesmo que o sinalado nos apartados anteriores coas seguintes diferenzas:

  • Empregaranse os Anexos III específicos para contratos vinculados a unha Liña de Investigación (elixir o correspondente en Impresos tendo en conta cal é o organismo que financia o contrato).

  • Indicar a liña de investigación que inclúe a axuda que financia o contrato.

    IMPORTANTE

    A axuda que financia o contrato ten que estar incluída nunha das liñas do Rexistro de Liñas de Investigación publicado na páxina do EXI (Liñas de Investigación)

    Rexistro de Liñas de Investigación

  • Incluir un cronograma de tarefas, coas función e datas, que debe ser coherente ao longo de todo o contrato.

    Cronograma de tarefas