Ir ao contido

RESOLUCIÓN DEFINITIVA, ANEXO IV E RESOLUCIÓN VIT

Pódese enviar a Proposta de Resolución Definitiva (elixir o impreso en Impresos en función de si houbo un non alegacións) á OPCTI desde o día seguinte á finalización do prazo de alegacións, en galego e castelán, en formato PDF, asinada polo/a Secretario/a da Comisión.

As alegacións contéstanse na resolución definitiva.

Alegacións

Farase unha listaxe de agarda (obrigatoria) cos aspirantes non propostos que acaden a puntuación mínima que indica a convocatoria.

Xunto coa resolución definitiva debe enviarse o Anexo IV-Solicitude de contratación cumprimentado e asinado polo/a IP. É importante cumprimentar correctamente a aplicación orzamentaria, datas de inicio e fin do contrato e datos do adxudicatario.

Anexo IV

Enviar tamén coa resolución definitiva a Resolución de adxudicación do contrato (elixir o impreso en Impresos en función de si houbo un non alegacións) para ser asinada posteriormente polo VIT, cumprimentada e sen asinar, en formato Word ou PDF.