ANEXO III E CUSTE DO CONTRATO¶
A tramitación comeza co envío dun correo electrónico á OPCTI, contratos@udc.es, incluíndo a seguinte documentación asinada polo/a IP:
Anexo III. Convocatoria de contratación¶
-
Ir a Impresos e elixir o Anexo III tendo en conta cal é o organismo que financia o contrato (Ministerio de Ciencia, Xunta de Galicia, etc).
IMPORTANTE
Comprobar que os logos son os correctos.
-
Cubrir todos os campos do formulario.
-
Datos da axuda: referencia, denominación do proxecto, liña de investigación (se é o caso), duración…
-
Grupo de cotización no Réxime Xeral da Seguridade Social, tendo en conta que todas as categorías pertencen ao Grupo I, agás os Axudantes (Grupo III)
-
Categoría profesional, segundo o novo Acordo de clasificación profesional e condicións de traballo do persoal contratado ao abeiro da Lei 14/2011, do 7 de xullo, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación (persoal contratado para tarefas de investigación PCTI)
-
Investigador/a contratado/a doutor/a (ICD) Tarefas de investigación entendidas como o traballo creativo realizado de forma sistemática para incrementar o volume de coñecementos, e o seu uso para crear novas aplicacións, a súa transferencia e divulgación.
-
Xestor/a de investigación (XDI) Alta xestión, coordinación de actividades económicas ou administrativas (execución e avaliación procedementos, difusión de resultados, promoción e transferencia de resultados,…)
-
Colaborador/a de investigación (CDI) Os traballos deben contribuir á creación e ao avance do coñecemento.
-
Técnico/a de apoio á investigación (TAI) Labores especializadas técnicas ou asistenciais.
-
Axudante de apoio á investigación (AAI) Función de apoio e asistencia á investigación.
-
Técnico/a administrativo/a e de xestión (TAX) Función de xestión administrativa ou económica, de difusión ou de promoción de I+D+i.
-
Axudante administrativo/a (AA) Función de apoio na xestión económico-administrativa.
-

Nas categorías nas que sexa requerido, hai que seleccionar o nivel MECES esixido MECES 1: Técnico superior MECES 2: Grao, MECES 3: Mestrado, MECES 4: Doutor/a
Denominación Titulación requerida (MECES) AInvestigador/a contratado/a doutor/a (ICD) 4 BXestor/a de investigación (XDI) 2/3/4 CColaborador/a de investigación (CDI) 2/3 DTécnico/a de apoio á investigación (TAI) 2/3/4 EAxudante de apoio á investigación (AAI) 1 FTécnico/a administrativo/a e de xestión (TAX) 2 GAxudante administrativo/a (AA) 1 IMPORTANTE
A retribución mínima asígnase non á categoría concreta, senón á titulación mínima requirida. Deste xeito, un contrato que esixe nivel MECES 3 terá unha retribución mínima maior que o que esixe MECES 2.
Retribución mínima requerida (MECES) Retribución mínima bruta anual (€) 4 29.000 € 3 26.000 € 2 24.000 € 1 19.000 € -
Xornada:
-
Tempo completo: 35 horas
-
Tempo parcial: desde 17,5 horas ata 34,5 horas
-
-
Tipo de contrato: (tendo en conta a financiación):
-
Indefinido (norma xeral)
-
Duración determinada: Next Generation, Fondos FEDER, FSU+, FEADER.
-
-
Retribucións Brutas: Salario + Prorrata de pagas extras dato do segundo parágrafo do PDF obtido da calculadora de contratos.
IMPORTANTE
O custe total do salario pode aumentar se a persoa seleccionada ten trienios recoñecidos.

-
Partida orzamentaria: no caso de dúbida, consultar co EXI (exi@udc.es) ou coa OPCTI contratos@udc.es.
-
Requisitos de titulación: segundo a categoría profesional seleccionada e, no seu caso, o nivel MECES esixido.
-
Órgano de selección:
- 3 titulares + 3 suplentes:
- Presidente/a: IP ou persoa na que delegue
- Secretario/a
- Vogal
IMPORTANTE
Hai que respetar a paridade.
- 3 titulares + 3 suplentes:
-
Memoria¶
Como mínimo ten que incluir:
- Tarefas que desenvolverá a persoa contratada e a súa relación co proxecto, axuda, programa ou liña.
- Criterios de valoración desagregados que permitan garantir a obxectividade da puntuación.
- Criterios a aplicar no caso de empate.
- Entrevista persoal opcional (non superior ao 25% da puntuación total).
- Puntuación mínima para integrar a listaxe de agarda.
- Datos de contacto do tribunal.
Calculadora¶
- Hai que encher todos os campos.
- A calculadora indica a retribución mínima tendo en conta a categoría seleccionada.
-
Unha vez feitos os cálculos, imprimilos en pdf e o/a IP ten que asinar o documento.
