Ir ao contido

Indemnizacións por Razón de Servizo (IRS): normativa e aplicación práctica

Responsable: Equipo de Xestión da Investigación (EXI) Versión: 1.0

Normativa

REGULAMENTO PARA LIQUIDAR E PARA TRAMITAR INDEMNIZACIÓNS POR RAZÓN DE SERVIZO (IRS)

  • Regulamento aprobado no Consello de Goberno do 27 de abril de 2023.

Definición de comisión de servizo

Enténdese por comisión de servizo as tarefas especiais que circunstancialmente se lle ordenen ao persoal e que dean dereito a indemnización cando comporten gastos de:

  • Desprazamento
  • Aloxamento
  • Manutención

Estas tarefas deberán desenvolverse fóra do termo municipal onde a persoa presta ordinariamente servizos á UDC, salvo excepcións (por exemplo, axudas de custo intercampus).


Grupos e categorías profesionais

Grupos Categoría profesional
1 Reitor/a, vicerreitores/as, secretario/a xeral, adxuntos do equipo reitoral, xerente/a, vixexerentes/as, decanos/as ou directores/as de facultades e escolas, departamentos e institutos universitarios. Presidente e secretario/a do Consello Social, valedor/a universitario/a
2 Profesorado, funcionariado A1, A2, persoal laboral dos grupos 1 e 2
3 Alumnado, funcionariado B, C1 e persoal laboral do grupo 3
4 Resto do persoal funcionariado e laboral non incluído dentro dos anteriores

Importes por grupo

Por grupos Por aloxamento Por manutención Axuda de custo enteira
102,56 € 53,34 € 155,90 €
65,97 € 37,40 € 103,37 €
48,92 € 28,21 € 77,13 €
48,92 € 28,21 € 77,13 €

Anexos asociados

Info

O persoal alleo que forme parte dun equipo de traballo considerarase membro da UDC a estes efectos.