Traspaso das cualificacións á acta¶
Para traspasar as cualificacións á acta e publicalas cunha data de revisión para o alumando,
escollemos “Actas de exame” do menú da esquerda.
Antes de seleccionar a acta, pódese premer na icona e mostrarase a listaxe de estudantes incluídos/as na acta coa súa cualificación.

Para traspasar as cualificacións:
- Premer na icona correspondente ()
- Indicar data, hora e información adicional (máx. 40 caracteres contando espazos)
- Gravar
Neste momento:
- O estudantado pode ver a información no seu expediente
- A cualificación aínda non é visible

A continuación:
- Premer en “Traspasar”
- Premer en “Aceptar”

Mostrarase a mensaxe:
“O traspaso de cualificacións á acta realizouse sen incidencias”.
Tras o traspaso de cualificacións:
- Profesorado e estudantado reciben comunicación no correo institucional
- A cualificación aparece como provisional (entre parénteses), tal como se indica no primeiro comentario ().

Observación
Se é necesario modificar unha cualificación, unha vez traspasadas as cualificacións e antes de pechar a acta:
- Modificar en CAMPUS DOCENTE > Cualificacións > Cualificacións finais
- Volver a "Actas de exame"
- Traspasar novamente as cualificacións
