Ir ao contido
Paso 1: Acceso ao Campus Docente e selección da materiaPaso 2: Introdución das cualificacións

Introducción das cualificacións

Fluxo principal

No menú da esquerda:

  1. Despregar “Cualificacións”.
  2. Seleccionar “Cualificacións finais”.
  3. Escoller:
    • Convocatoria
    • Oportunidade
  4. Introducir as cualificacións do estudantado.
  5. Premer en “Gravar”.

Introdución de cualificacións

Debería xerarse o seguinte aviso:

Aviso


Carga de cualificacións desde Excel (opcional)

Opción alternativa

Existe a posibilidade de cargar as cualificacións dende unha excel accedendo a:

CAMPUS DOCENTE > Cualificacións > Carga de cualificacións dende Excel

Hai distintos procedementos para realizar a carga correctamente. Recoméndase utilizar o que se describe a continuación e, unha vez cargado o arquivo, premer en “Aceptar”.

Carga de cualificacións desde Excel

Como preparar o ficheiro Excel

  1. Desde Campus Docente, seleccionamos a materia que nos interese (como se indicou anteriormente) e no menú da esquerda, despregamos “Os meus estudantes” e seleccionamos a opción “Descargar Estudantes a Excel”. Escollemos a convocatoria e como nome do arquivo, podemos deixar o nome que figura por defecto ou ben modificalo. Prememos en “Aceptar”

Descargar estudantes a Excel

  1. Descargamos o arquivo xerado desde: A miña conta > Listaxes e engadimos as cualificacións do estudantado. Estas deben expresarse cun máximo dun decimal e utilizando a “,” como separador (por exemplo: 6,8 ou 9). No caso de alumnado non presentado, a cela da cualificación debe deixarse en branco.

  2. É moi IMPORTANTE non alterar o seu formato: o ficheiro non debe conter fila de encabezado, debe incluír unha única folla, debe manter as columnas creadas (que almacenan o NIA, o DNI e o nome) e nesa orde. Unicamente temos que engadir a cualificación.

  3. Se as cualificacións están noutro excel, poden copiarse e pegarse neste arquivo, pero pegando unicamente valores ( Pegar só valores) e mantendo as directrices indicadas.

  4. Unha vez introducidas as cualificacións, gardamos o arquivo e xa o podemos cargar en Carga de cualificacións dende excel, como se indicou arriba. Se a carga foi completa, mostrarase a seguinte mensaxe:

Aviso carga correcta

Observación

Se aparecese algún estudante, indica que non se cargou a súa cualificación por algún erro ou porque non figura no listado da aplicación.

Se facemos varias cargas, a última será a definitiva.