Ir ao contido

Guía para cubrir en SIGMA as actas de cualificacións

Responsable: Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización Versión: 1.0

Este procedemento describe a xestión das actas de cualificacións en SIGMA, indicando os pasos a seguir e destacando aspectos clave a ter en conta, especialmente para aquelas persoas que realizan este proceso por primeira vez.


Destinatarios

Profesorado de titulacións oficiais de grao e mestrado.

Obxectivo da guía

Facilitar ao profesorado a xestión das actas de cualificacións en SIGMA, describindo os pasos a seguir e destacando algúns aspectos clave a ter en conta, especialmente para aquelas persoas que realizan este proceso por primeira vez.

Incidencias frecuentes

Unha parte importante das incidencias que chegan ao Servizo de Organización Académica (SOA) teñen a súa orixe en datos incompletos ou incorrectos na planificación docente das materias.

No caso de atopar dificultades durante o proceso, recoméndase contactar **en primeiro lugar coa administración do centro correspondente**.
Se a incidencia non pode ser resolta, será a propia administración quen a remita ao SOA para a súa resolución.

Acceso á aplicación

Para xestionar en SIGMA as actas de cualificacións das materias de titulacións de grao e mestrado é preciso acceder á aplicación, por exemplo, desde a Secretaría Virtual do profesorado, tras a autenticación en:


Diagrama de fluxo do procedemento

flowchart TD
    Start([Inicio])

    A[1. Acceso ao Campus Docente<br/>e selección da materia]
    B[2. Introdución das cualificacións]
    C[3. Traspaso das cualificacións á acta]
    D[4. Peche da acta]
    End([Fin])

    Start --> A --> B --> C --> D --> End

    %% LINKS CLICKABLES
    click A "paso1/" "Ir a Acceso ao Campus Docente"
    click B "paso2/" "Ir a Introdución das cualificacións"
    click C "paso3/" "Ir a Traspaso das cualificacións á acta"
    click D "paso4/" "Ir a Peche da acta"

Resumo dos pasos

Paso Denominación oficial Descrición breve
1 Acceso ao Campus Docente e selección da materia Seleccionar a materia que se vai cualificar
2 Introdución das cualificacións Introducir as notas do estudantado manualmente ou desde Excel
3 Traspaso das cualificacións á acta Traspasar as cualificacións á acta coa data de revisión
4 Peche da acta Pechar a acta e notificar ao estudantado